Comarcas

A @depo_es investirá 1,7 millóns na mellora de 2.577 km de sinalización horizontal nas estradas da provincia

deputacion-uxio-benitezA Deputación de Pontevedra investirá 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización horizontal nas estradas da provincia. En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial.

A mellora, segundo dixo deputado Uxío Benítez, enmárcase na aposta da Deputación pola mobilidade sustentable, na que a seguranza viaria é un eixo clave. «Esta actuación pretende unha sinalización horizontal integral de toda a rede viaria provincial en lugar de actuar pouco a pouco con actuacións pequenas. Queremos asegurar a visibilidade nocturna e diurna e separar os espazos para os vehículos e os peóns para garantir unha convivencia de mobilidades en toda a rede viaria», explicou.

Neste novo plan priorizaranse as estradas con necesidades máis urxentes, quedando fóra algunhas vías asfaltadas recentemente e outras nas que o departamento de Mobilidade prevé actuar de maneira inminente ou a corto prazo con reformas integrais de maior calado. Algúns exemplos son a estrada que vai á igrexa de San Vicente (O Grove) ou a estrada Concepción Arenal (A Guarda).

Estradas listas no verán

O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que en toda a provincia se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas. A actuación prevese comezar tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan e, en calquera caso, na primavera do próximo ano, para que as estradas estean en «estado de revista» ao chegar o verán.

Esta semana aprobarase a licitación do plan, que se divide en catro lotes territoriais que permitirá facilitar o acceso ao contrato a empresas de menor tamaño e tamén poder executar os pintados de forma paralela e, por tanto, máis áxil. Esta primeira fase de mellora da sinalización horizontal terá continuación nos vindeiros anos para dar cobertura á totalidade das estradas provinciais. Deste xeito investiranse máis de 516.000 euros no lote Pontevedra-Caldas-Salnés; outros 315.000 euros no lote Baixo Miño-Condado-Paradanta; case 380.000 euros no lote Vigo-Morrazo e 494.000 euros no de Deza-Tabeirós.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.