Sin sección

Devolve os cartos ingresados por Facenda en protesta polo trato aos usuarios galegofalantes

agencia-tributaria-galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo caso de discriminación por parte da Axencia Tributaria a todos os usuarios galegofalantes, que se queren empregar a lingua galega nos formularios dispoñibles teñen que redirixilos de novo á marxe dos oficiais.

Nesta ocasión, a Mesa explica o caso dun usuario que se dirixiu en reiteradas ocasións a Facenda nun trámite de devolución para reclamar o seu dereito a que os procedementos dun expediente se realizasen en galego, como recolle o artigo 36.1 da Lei 30/1992.

Ante a «actitude de desprezo e atención discriminatoria» recibida por parte da Axencia Tributaria, o cidadán devolveu o ingreso realizado pola administración tributaria como protesta «pola maneira en que a AEAT trata aos usuarios da lingua galega». Finalmente, Facenda empregou o galego nun escrito oficial no que asegura que «nas aplicacións corporativas de Recadación non hai posibilidade de que as comunicacións se realicen en galego».

A Mesa denuncia que a institución «non ten ningún interese nin en cumprir a legalidade nin en dar a mínima opción a usar a lingua propia en trámites que ademais son absolutamente obrigatorios» e califica de «incrible» que alegue falta de medios para non usar o galego.

Dende a Mesa destacan a «actitude galegófoba de Facenda», que provoca molestias, cargas e trámites innecesarios «só a quen utiliza o galego».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.