Comarcas

A asociación Lazoiro, contra a construción dun pantalán no antigo transbordador en Salvaterra por problemas ecolóxicos

salvaterra-antigo-trasbordador

A asociación Lazoiro presentou ante o concello de Salvaterra unha recompilación de alegacións ao proxecto de construción dun pantalán na zona do río Miño na que se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.

O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as «problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto», valorado en case 250.000 euros.

Deste xeito, a asociación cuestiona a «necesidade» da construción do pantalán tendo en conta a «existencia do embarcadeiro actual» e fai fincapé no «efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas», cuestiona o estudo de viabilidade medioambiental e recorda a «necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse dentro dunha zona compartida baixo a o amparo legal da REDE NATURA 2000″.

Segundo a asociación, o proxecto do pantalán en Salvaterra, «ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.