Comarcas Destacados

O Corredor do Morrazo, cortado este sábado para estabilizar un talude

corredor-de-morrazo

A Xunta de Galicia cortará ao tráfico este sábado o Corredor do Morrazo para acometer traballos de estabilización do talude inmediatamente anterior ao viaduto da Moura para garantir a plena seguridade dos usuarios e dos traballadores da obra de desdobramento desta estrada.

Tras as voaduras das semanas pasadas, detectouse que nese noiro o terreo está a reaccionar de maneira diferente ao inicialmente previsto, polo que se decidiu acometer de forma preventiva eses traballos de estabilización.

Para «minimizar a afección ao tráfico» os traballos realizaranse este sábado, «cando habitualmente menos coches circulan por esa vía», dende a 08.00 horas ata has 20.00 horas aproximadamente.

Ademais, para garantir «a seguridade», a Xunta continuará coas obras de desdobramento noutros puntos da traza para estudar con detemento a situación do talude e a maneira de actuar sobre el.

O corte de tráfico que se realizará este sábado afectará ao treito do corredor do Morrazo comprendido entre os PK 0+000 e 0+600, polos que os desvíos serán polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-112 ata a PO-551 para o sentido Cangas-Vigo e polo enlace de Rande pola PO-551 en sentido Vigo-Cangas.

Ademais, o vindeiro luns realizaránse novas voaduras noutros puntos da traza que obrigará a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. Estes cortes para voladuras ordinarias estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de xeito manual.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.