Cultura

A @depo_es crea o premio Sofía Novoa Ortiz á inclusión de xénero

premios-nova-ortiz

 

Deputación de Pontevedra acaba de convocar a primeira edición do premio Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero para os traballos de fin de grao e de fin de máster do alumnado da Universidade de Vigo, tanto dos campus de Vigo como do de Pontevedra. O obxectivo é fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos académicos.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou na súa presentación que se trata «dun recoñecemento público a unha muller que contribuíu a que as mulleres ocupásemos un importante espazo público e garantir os nosos dereitos como mulleres e como persoas».

Na presentación, ademáis da deputada Isaura Abelairas e dun dos herdeiros de Sofía Novoa, Francisco Novoa, contouse coa presencia de Carmen Losada, que elaborou a súa tese doutoral arredor de Sofía Novoa Ortiz, unha muller «que tiña o obxectivo de acadar unha vida independente, que buscaba a excelencia en todo o que facía» e que «empregaba a música como vehículo para o ensino da cultura e do idioma».

Abelairas asegurou que “hoxe hai 86 anos que a Deputación de Pontevedra lle negou a prórroga a un concurso-pensión para estudar en París e lla outorgou a un home do que nunca se coñeceu a súa identidade”, feito polo que asegurou que “este é un día moi relevante porque estamos a facer unha reparación histórica”.

Sofía Novoa Ortiz é unha das moitas mulleres esquecidas pola historia, cuxa memoria comezou a ser recuperada recentemente, e unha das artífices dun ambicioso e pioneiro programa educativo que posibilitou o acceso á educación superior a moitas mulleres, xa que daquela só podían estudar especialidades ou doutorarse en Madrid.

As persoas interesadas en presentarse ao galardón deberán preinscribirse enchendo un formulario web dende a páxina web da Deputación e entregar o xustificante no Rexistro da Deputación de Pontevedra xunto coa documentación requerida. Tras ser recibido activarase un código web que lles chegará a través dunha mensaxe SMS e, a partir dese momento, poderán presentar os seus traballos por vía telemática, en formato PDF, acompañado dun resumo de arredor de 500 palabras. O traballo non poderá ter ningún elemento identificativo da súa autoría xa que o concurso garantirá en todo o momento o anonimato das persoas participantes no proceso. A data límite de presentación de solicitudes é o 28 de outubro e, a de entrega de traballos, o 4 de novembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.