Cultura Vigo al minuto

Nove concertos, sete estreas e importantes artistas convidados á cuarta edición do Festival Vertixe Sonora

Microsoft Word - DosierFestival Vertixe Sonora 2016A cuarta edición do Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea chega este outono a Vigo con nove concertos, sete estreas e a presencia de artistas convidados de referencia como o dúo Desjardins-Anzelloti, o Kammarensemblen – KeN de Estocolmo, Oh Ton Ensemble de Oldenburg ou o Proyecto OCNOS de Sevilla.

Unha gran programación que nace da man da asociación cultural Vertixe Sonora Ensemble en colaboración co Concello de Vigo para convertir á cidade nunha referencia internacional na creación musical contemporánea. Vangarda e contemporaneidade son conceptos estreitamente vinculados ao festival Vertixe e tamén a esta cidade, sempre prolífica e punteira na creación cultural emerxente.

O festival reforza o seu posicionamento no panorama internacional nesta a súa cuarta edición cunha programación que recolle o diverso acontecer sonoro actual, un festival «que contribúe ao recoñecemento internacional da nosa comunidade e á construción dunha identidade artística sólida e de prestixio para o territorio» e que aposta pola produción artística desde Galicia, polo traballo en rede no ámbito internacional e polo diálogo da música con outras disciplinas, coa concorrencia de creadores e entidades diversas.

O Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea contará coa presenza de compositores e intérpretes de referencia e achegarase ás músicas en feminino en ‘Coma espellos dun calidoscopio’, un programa comisariado por Elena Rykova que contará coa colaboración da poetisa María do Cebreiro e presenta cinco compositoras e artistas sonoras de diferentes países.

Tamén haberá espazo para a ciencia e recrearase o instrumento de síntese acústica de Koenig (1832-1901) nunha colaboración exclusiva co Institut für Technikgeschichte da Universidade Técnica de Darmstadt para a estrea absoluta de Eduardo Moguillansky Droit sur les cloches, conmemorarase o segundo centenario da erupción do volcán Tambora, que dera lugar ao denominado ‘ano sen verán’ e a aparición de obras mestras da arte e da literatura coma o Frankestein de Mary Shelley, Darkness de Byron ou moitos dos cadros posteriores de William Turner; e reflexionarase sobre o ruído, a orde, a desorde ou a entropía co Proyecto OCNOS que nos visita desde Sevilla, con dúas estreas de Germán Alonso e Nuria Núñez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.