Galicia

A tres días para as Eleccións, o Goberno de Galicia anuncia a adxudicación de solo en seis parques empresariais

eleccionsA apenas un día del fin de la campaña electoral y a tres para que los gallegos voten en las Elecciones para el Parlamento de Galicia, la Xunta anuncia que, a través do Consello de Administración da empresa pública Xestur , acordou adxudicar un total de 16.774 metros cadrados de superficie empresarial nos parques de A Sionlla, Mos, Xinzo de Limia, Ortigueira, Carballo e Melide. O importe total da venda é de 1.075.349 euros, despois de aplicar unha bonificación de 636.469 euros.

o consello de Xestur tamén adxudicou os contratos para a realización de obras encomendadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nos parques empresariais de Quiroga e Taboada, na provincia de Lugo, licitadas no pasado mes de agosto.

O importe de adxudicación desta obra é de 196.473,23 euros máis IVE, cun prazo de execución de dous meses.

Polo que respecta ao parque empresarial de Taboada, a obra consistirá na electrificación interna e remate do alumeado público, que inclúe as obras correspondentes á eliminación do tendido aéreo de media tensión que afecta ao polígono e posterior construción das infraestruturas necesarias para substituílo, así como a construción dun novo tendido de baixa tensión que garanta o subministro aos veciños afectados.

O investimento previsto en Taboada é de 106.514,52 máis IVE, cun prazo de execución de tres meses a contar dende o inicio das obras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.