Vigo al minuto

Vigo cambia o coche por exposicións, charlas e actividades

dia-sin-coche-03

Fotos: Vigoalminuto/ Vigo súmase este xoves ao Día Sen Coche deixando os vehículos aparcados e celebrando moitas actividades na rúa. Durante todo o día, Príncipe leva acollendo decenas de actividades que se desenvolverán entre A Farola e a Porta do Sol no marco da Semana Europea da Mobilidade.

Así, haberá unha exposición de vehículos eléctricos, dende coches ou bicicletas ata vehículos de mobilidade reducida, que ademais farán un percorrido pola cidade para pechar esta xornada. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou durante unha visita a esta mostra a importancia «dos modos de transporte alternativos nunha cidade humanizada na que é máis cómodo camiñar, que facilita o uso das motos» e no que se vai potenciar a bicicleta coa creación de varios carrís bici, «o primeiro, desde Teis a Samil».

Na rúa do Príncipe, Concello, organizacións e entidades colaboradoras organizan este xoves circuitos de mobilidade reducida, de habilidade, de aprendizaxe a montar en bici e de educación viaria para os máis pequenos. Por outra banda, haberá charlas sobre a semana europea da mobilidade, o vehículo eléctrico, o seguridade do peón, educación viaria, accesibilidade urbana e a bicicleta.

Ademais, as liñas do autobús urbano H, H1 e H2 son hoxe gratuitas, igual que o serán as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Hospital Álvaro Cunqueiro. O Concello emprazou un buzón de suxerencias sobre mobilidade en Príncipe e Caballero solicitou á cidadanía que envíe propostas sobre mobilidade, «porque queremos ser líderes na mobilidade do século XXI».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.