Deportes Vigo al minuto

A 33ª Marcha Aspanaex destinará os fondos recadados á terapia de actividades acuáticas

A Marcha Aspanaex chega á súa trixésimo terceira edición o próximo domingo 2 de outubro co seu percorrido habitual de saída e chegada en Castrelos e cun obxectivo claro: recadar fondos para manter a terapia de actividades acuáticas desta entidade para persoas con discapacidade intelectual.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou á toda a cidadanía a participar nesta marcha, na que os vigueses se poden inscribir e conseguir o seu dorsal a través da web da entidade e en Ataquilla. O prezo, 3 euros para menores de 10 anos e persoas con discapacidade e de 5 euros para o resto. Existe tamén unha fila cero para quen queira colaborar. A organización agarda chegar aos 3.000 inscritos nesta edición.

O percorrido, de nove quilómetros, sairá de Avenida de Castrelos e rematará no parque de Castrelos. O obxectivo da Marcha Aspanaex é dar a coñecer a Asociación e sensibilizar á cidadanía e institucións sobre o colectivo de persoas con discapacidade intelectual, para apoialos e avanzar na súa plena inclusión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.