Vigo al minuto

Vigo volve á rúa para demandar «emprego digno» nunha comarca «industrial e con futuro»

manifaempregodignovigo01

Varios milleiros de persoas participaron este martes na manifestación convocada pola CIG de Vigo para reclamar “emprego digno” nunha bisbarra “industrial e con futuro” e rexeitar a precaridade laboral e o empobrecemento, ademais de esixir a anulación das reformas laborais, das pensións e da lei mordaza.

O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, apostou ao remate da protesta por continuar coas mobilizacións ata lograr un “cambio radical” nas políticas económicas, laborais e sociais que permita mellorar as condicións de vida da clase traballadora.

manifaempregodignovigo02

A manifestación, que percorreu a distancia entre a Doblada e a farola de Urzáiz, fai parte da campaña que a CIG-Vigo está a desenvolver en demanda de “emprego digno na nosa terra” e para reivindicar unha comarcal “industrial e con futuro” e que pivota sobre catro eixos fundamentais: «combater a propaganda oficial que fala de recuperación económica, sinalar os culpábeis da situación de crise, achegar alternativas e promover a mobilización social».

Gonçalves lembrou que a pesar dos datos que avalarían a suposta recuperación “vemos como continúa a destrución de postos de traballo e o esmorecemento dos nosos sectores produtivos, ao tempo que aumenta a temporalidade e a precariedade no emprego”.

Finalmente, adiantou que a intención da central é que esta campaña sexa a inicio dunha serie de protestas que se sosterán no tempo co obxectivo de “derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.