Vigo al minuto

Unha marcha percorrerá este martes as rúas de Vigo para esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais

cigAs rúas de Vigo acollerán este martes, día 20, unha manifestación convocada pola Unión Comarcal da CIG no marco da campaña que vén de iniciar a central para reclamar “emprego digno na nosa terra” e demandar un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais ante a grave crise que padece a bisbarra. A marcha arrincará da Doblada ás 20.00 horas e rematará na farola de Urzaiz.

A mobilización foi presentada hoxe en rolda de prensa polos secretarios Comarcal e de Organización da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves e Anxo Iglesias. Os representantes sindicais explicaron os principais motivos polos que a central decidiu poñer en marcha unha campaña para reclamar “emprego digno na nosa terra”: combater a propaganda oficial, sinalar os culpábeis da situación, achegar alternativas e promover a mobilización social.

En canto ao primeiro aspecto, os responsábeis da CIG de Vigo consideran necesario combater a propaganda gubernamental “que intenta ocultar a grave situación socioeconómica que padecemos, como amosa a existencia de máis de 80.000 persoas que se atopan no paro na bisbarra, moi enriba das cifras oficiais”.

Neste senso, lembran que a pesar dos datos que avalarían a suposta recuperación “vemos como continúa a destrución de postos de traballo e o esmorecemento dos nosos sectores produtivos, ao tempo que aumenta a temporalidade e a precariedade no emprego”.

Ao mesmo tempo, apostan por sinalar os culpábeis desta situación, “que non son outros que o PP e o PSOE, xa que aprovaron sucesivas medidas antiobreiras e reformas laborais lesivas para os intereses da clase traballadora ao ditado da Unión Europea e da Troika”. Fronte a isto, lembran que a CIG achegou unha serie de alternativas que foron recollidas nunha ILP que o PP tumbou cos seus votos no Parlamento galego.

Finalmente, agardan que esta campaña sexa a inicio dunha serie de protestas que se sosterán no tempo “para derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”. Así, fan un chamamento á veciñanza da bisbarra a participar na manifestación xa que, sublimaron, “temos que esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais para mellorar as condicións de vida da clase traballadora”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.