Comarcas

Nigrán pon en marcha un programa de turismo social para a terceira idade

parada de sil

O Concello de Nigrán pon en marcha dende o mes de setembro e ata finais de ano un programa de turismo social destinado á terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia.

O programa arrancará o 15 de setembro cunha viaxe á Ribeira Sacra que inclúe paseo en catamarán polos canóns do Sil e visita ao Museo do Chiculate e ao Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil. O prezo desta primeira viaxe é de 16 € e inclúe autobús, seguros, guía, xantar, entrada ao museo e viaxe de 2 horas en catamarán.

Posteriormente, no mes de outubro, levarase a cabo unha segunda saída cara ao Lugo de San Froilán e xa en novembro ás Terras do Deza para disfrutar do interior de Galicia e da súa gastronomía.

Para anotarse ou calquera outra información adicional deben dirixirse dende hoxe 1 de setembro á oficina de información do Concello de Nigrán ou telefónicamente no 986 365 000.

Dende o goberno local se entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que achega moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.