Galicia Vigo al minuto

A Mesa pedirá que Vigo manteña o uso do galego nos seus plenos

plenojulio

Tras a aprobación no pasado mes de maio do novo regulamento do pleno de Vigo, o galego deixará de ser a lingua de debate de utilización nos plenos malia continuar a ser a lingua do pleno e do concello. Por este motivo, a Mesa pola Normalización Lingüística dirixirase a todos os grupos da corporación viguesa para que anulen a modificación do regulamento pola que o galego deixa de ser a lingua de expresión nos plenos das e dos representantes públicos.

Segundo indicou a reponsábel da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo, Elsa Quintas, “o estatus legal de oficialidade recoñecido ata agora para o noso idioma, tanto polo concello como por leis autonómicas como a de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas administracións locais, ou a de Normalización Lingüísitica, non era real”, nunha cidade onde “o galego retrocede a un ritmo de vertixe”. Coa modificación aprobada en Vigo, a situación será «peor ao negárselle un recoñecemento oficial e de uso mínimo».

Da Mesa lembraron ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, como o seu partido se comprometeu no pasado mes de xullo, xunto a outros partidos e á propia Mesa, a promover a normalización da lingua galega, aplicando todos os acordos tomados colectivamente a favor do galego en acordos nacionais e internacionais, desde a Lei de Normalización Lingüística ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ou a Carta Europea das Linguas.

Quintas recordou que o galego está completamente excluído de ámbitos como a educación infantil en Vigo, onde o 75,90% dos centros non o utilizan nunca.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.