Vigo al minuto

@depo_es asina un convenio de 900.000€ co Concello para o asfaltado de máis dunha ducia de rúas de Vigo

AsfaltadoA Xunta de Goberno Local aprobou este venres o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para o asfaltado de varias vías municipais en diferentes zonas da cidade por un importe de 902.000 euros. En virtude deste acordo, vaise substituír o firme en Sárdoma, Castrelos, Candeán, Teis, Alcabre, Coruxo, Matamá, Zamáns, Bembrive, Bouzas, O Castro, Marqués de Alcedo e Praza América.

O alcalde destacou as actuacións da Deputación na cidade como un «resultado das eleccións municipais que supón un cambio histórico da máxima importancia» e recoñeceu o labor da presidenta, Carmela Silva, engadindo que o ente provincial tamén dedicará 3 millóns de euros ás obras da grada de Tribuna de Balaídos e outros 3 para a grada de Río e investirá na iluminación do estadio.

Ademais, o goberno local aprobou os expedientes de contratación das obras de humanización das rúas Estorniño, cun importe de 1.150.000 €; Vía Norte, cun presuposto de 1.349.681 € e Álvaro Cunqueiro, que ten un orzamento de 1.250.000 €, polo que o programa de humanizacións da cidade suma un investimento total de 3.749.000 €.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.