Vigo al minuto

O Concello asina a licenza para a ampliación do CEIP Castelao de Navia

CEIP-CastelaoFoto:vigoalminuto.com/Segundo adiantou este mérores o alcalde, a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, «coa maior celeridade» xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Abel Caballero urxe ao Goberno de Galicia a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.

A Concellería de Urbanismo vén de asinar a licenza para o proxecto de ampliación do CEIP Castelao de Navia, tal e como informou o alcalde esta mañá en rolda de prensa sinalando que se «resolveu coa maior celeridade» xa que a solicitude foi recibida o 29 de xullo e foi autorizada o 3 de agosto, de xeito que hoxe mesmo a Consellería de Educación terá a comunicación.

O alcalde engadiu que «non é de recibo que queiran facer unha obra de envergadura menor en tres anos» cando pode facerse, dixo, en catro ou cinco meses, sendo compatible coas clases. Así mesmo, puxo de manifesto a necesidade da obra que está ocasionado custos e incomodidades ás familias que deben levar ao alumnado a colexios máis afastados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.