As Eleccións ao Parlamento de Galicia serán o 25 de setembro

FeijóoAs Eleccións ao Parlamento de Galicia serán o vindeiro 25 de setembro, a mesma data que a convocatoria para elixir o Parlamento de Euskadi. Así o adiantou, hai uns minutos, en rolda de prensa, o presidente do Goberno galego.

Alberto Núñez Feijóo, que minutos antes falou co lehendakari, Iñigo Urkullu, sinalou que o razoable era que as eleccións galegas coincidisen coas vascas, convocadas para esa mesma data polo lehendakari Urkullu hai un días.

“Non sería positivo para Galicia n para o conxunto de España que fosen en datas distintas porque prolongaría a inestabilidade que xeran os distintos procesos electorais”, engadiu Feijóo.

O presidente, e candidato do Partido Popular, rematou subliñando que Galicia aporta responsabilidade, seriedade e estabilidade a España.

También te puede interesar