Cultura

O Concello de Nigrán abre o prazo para a contratación dun técnico en Normalización Lingüística

En-galego-con-todas-as-letrasO Concello de Nigrán, a través dunha subvención de 7.440 € da Deputación de Pontevedra, contará por vez primeira na súa historia cun departamento de Normalización Lingüística para facer do galego un vehículo de comunicación común no consistorio.

Así, a súa incorporación permitirá traducir e normalizar todas as instancias, formularios e documentación que se xera dende o consistorio co fin de asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. «Como entidade pública temos un compromiso total coa promoción e uso correcto e xeral do galego nas nosas comunicacións para reforzar a nosa lingua propia, por iso é moi imporante para nos este servizo que nos comprometeramos a crear», destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

O Concello creará un posto laboral temporal de técnico de normalización lingüística que desenvolverá tarefas de asesorarmento en todo o relacionado coa política lingüística, mellorando a nosa calidade comunicativa, planificando, xestionando, executando e avaliando accións a prol da lingüa galega e facendo un seguimento do cumprimento da lexislación vixente nesta materia, para velar así polos dereitos lingüísticos da cidadanía.

O prazo de presentación de solicitudes a través do Rexistro Municipal comeza este martes 26 de xullo e finaliza o 3 de agosto. A duración do contrato é de 12 meses cunha xornada de 16,5 horas semanais. As titulacións válidas son licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica, grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega. Tódalas bases e información estarán a disposición dos interesados no Departamento de Deselvolmenento Local, na páxina web do Concello ou no Departamento de Información.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.