Comarcas

Nigrán trae este venres ao Mago Teto e organiza o día 7 ‘Flota Como Poidas’

cartel tolemaxiasO Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, trae este venres, día 22  ás 9 da noite, xunto a escola de vela de Praia América a actuación do Mago Teto, que presentará o espectáculo «As novas Tolemaxias» .

Este Enxeñeiro Químico, convertido a mago, é hoxe en día un dos máis populares e relevantes do panorama galego. Finalmente, non se celebrará o monólogo de humor previsto tamén o venres ás 21.30 horas no Torreiro de Chandebrito.

Asimesmo, o Concello asume este ano a organización da xa tradicional concentración de «artefactos flotantes» chamada «Flota Como Poidas», que terá lugar o domingo 7 de agosto ás 7 da tarde, na ponte de Ramallosa no Río Miñor.

Os interesados teñen ata o día 4 para inscribirse, ben na oficina de información do Concello de Nigrán en horario de 9,00 a 14,00 horas ou no teléfono 986365000. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 18.30 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O Concello premirará o artefacto flotante máis traballado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao «Titanic» da edición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.