'Qué te cuentas?'

O pai Luis, cura párroco de Momán, no concello lucense de Xermade, pide outra vez a excomunión de Rajoy

PapaO cura párroco de Momán, no concello lucense de Xermade, ven de pedir, de novo, a excomunión para Mariano Rajoy, presidente do Goberno en funcións. O pai Luís Ángel González Patiño, xa fixera esta mesma petición hai tempo asegurando que «Rajoy é moralmente criminal», ainda que o bispo, de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco- sobriño do ultraconservador cardeal Rouco Varela- pediulle que «non dese nomes».

Con todo, o pai Luis salienta que os que exercen a función pública para o ben común teñen que empregar todos os medios dos que dispoñan para que non se cometan violacións dos dereitos humanos e, en base a isto, xustifica que se bote a Rajoy da Igrexa e se lle neguen os seus sacramentos porque non se pode tolerar que como «católico, apostólico e romano, andivese disculpando a Blesa, Rodrigo Rato ou Bárcenas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.