Galicia

Redondela, primeiro concello «pequeno» en sumarse á bolsa de vivendas sociais da Xunta

redondela bas ethel

Redondela é o primeiro municipio «pequeno» e o segundo de toda Galicia en adherirse á bolsa de vivendas sociais da Xunta tras a sinatura do convenio este venres entre o alcalde da vila, Javier Bas, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

Este municipio foi un dos primeiros en solicitar a súa adhesión a este programa tras asinar coa Fegamp o convenio para o seu desenvolvemento. A través deste programa, os municipios ofrecen as vivendas en desuso cunha renda de aluguer dun máximo de 300 euros que virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias persoais dos inquilinos.

Estas vivendas están dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se financia un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade aos arrendatarios.

Neste momento, 36 concellos de toda Galicia xa solicitaron formalmente a súa adhesión a este programa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.