Cultura Destacados

O que queda máis claro é quen non vive aí

Facendo referencia a un coñecido programa de televisión no que se amosa a riqueza e o luxo dalgunhas vivendas, a Oficina Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social acaba de lanzar a campaña ‘Quen non vive aí?’, que fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes mentres que dirixentes de grandes empresas, bancos e políticos «enchen as mans cos nosos cartos».

Á vez que os recortes e a austeridade marcan as políticas sociais, millóns de euros aparecen para rescatar aos culpábeis e máximos beneficiarios da crise. Mentres «á xente do común a empobrecen, a precarizan e a desafiúzan» ao tempo que o ano pasado o número de fortunas billonarias en todo o mundo medrase en varios centos.

Con esta campaña preténdese pór en primeiro plano a aqueles sectores máis afectados. Así, preto de 6.500 familias galega viven da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e teñen que pasar o mes con menos de 380 euros, mentres que Abel Caballero «cobra 6.250 euros ao mes por ser alcalde de Vigo e non ten que esperar os 6 meses de media que tarda en resolverse un expediente».

Outro sector afectado son as 50.000 galegas que cobran Pensións Non Contributivas, con menos de 350 euros ao mes; as 300 persoas sen fogar da cidade que seguen a esperar un albergue público; os máis de 236.000 parados galegos que esgotan as súas prestacións «mentres Citroën recibe 40 millóns de euros e deixa a 800 traballadores na rúa»; a mocidade que non ten emprego ou que opta a un traballo precario e a maioría da poboación galega, que sufre a privatización da sanidade ou os insuficientes orzamentos para educación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.