Vigo al minuto

Marea pedirá no pleno a creación dun Consello Municipal da Saúde

marea

O grupo municipal da Marea de Vigo rexistrou este mércores unha moción promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo para a creación dun Consello Municipal da Saúde na que tanto as organizacións de profesionais representativas da poboación como as organizacións de traballadores sanitarios poidan ser partícipes das accións e tomas de decisións que se leven a cabo a nivel municipal con respecto a temas de saúde.

SOS Sanidade Pública presentou esta moción a través da concelleira de Marea Marga L. Barreiro, que asumiu o compromiso de presentala e defendela no vindeiro pleno que terá lugar o 4 de xullo.

Para esta concelleira, «ao marxe das competencias autonómicas en materia de saúde existen moitos elementos de especial relevancia sobre a saúde das personas que dependen unicamente das institucións municipais, como todo o que ten que ver coa xestión e calidade dun ben como a auga, a xestión de residuos ou mesmo sobre a alimentación nas escolas ou o deporte».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.