Cultura

Milleiros de palabras toman o Casco Vello convertidas en PoemaRia

poemariavigoCifras de vertixe: 26 poetas, 12 músicos, 3 obradoiros para nenos e nenas, un filme, unha grande artista contemporánea, un picnic, 40 bicis con poemas nas súas cestas, 7 receitas poéticas para comer, unha actriz, unha narradora, un bailarín e milleiros de palabras.

Eses son os mimbres cos que se tecerá este 24 e 25 de xuño a primeira edición do Festival de Poesía PoemaRia, que se celebrará en varios espazos do Casco Vello cun obxectivo claro: que soen forte as voces daquelas mulleres que levan tempo «facendo un traballo importante no eido da poesía e que a miúdo son invisibilizadas».

Durante dous días haberá diferente tipo de actividades que terán como foco principal e fío conducto a poesía e a cultura. Así, o festival abrirase co recital de Ana Gorria e Miriam Reyes ás 20 h na Javier Teniente Photogallery.

O venres tamén haberá un seminario de improvisación libre con Chus Pato na Casa das Artes, o recital eléctrico de Ouveo de a proxección da película ‘Howl’ en versión orixinal con subtítulos, cerveza e palomitas.

O sábado será a quenda dos obradoiros para nenos de versos, conto e debuxo, todos mesturados con poesía e dos recitais íntimos na Escola de Artes e Oficios. Ás 13.30 celebrarase un picnic poético con saída en bicicleta da Porta do Sol ás 13.30 horas e destino a Fundación Sales.

poemaria dos

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.