Vigo al minuto

Centos de personas piden no Meixoeiro o fin do desmantelamento da sanidade pública

manifa meixoeiro01

O Meixoeiro como símbolo do que acontece coa sanidade pública: «desmantelamento e privatización». Por iso, este mércores centos de personas manifestáronse arredores deste centro hospitalario para pedir que o Meixoeiro «xogue o papel que tiña previsto no plan funcional inicial» e se garanta o seu futuro.

Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e SOS Meixoeiro denunciaron que a actual situación é «intolerable», coa metade das camas do centro pechadas e co personal movéndose entre o Meixoeiro e o Álvaro Cunqueiro para cubrir baixas, vacacións ou acúmulos «mentres se derivan pacientes á sanidade privada«.

Durante a marcha polos arredores do hospital reclamaron como solución aos problemas da área sanitaria viguesa a recuperación do Hospital Álvaro Cunqueiro para o sistema sanitario público e que se retome o proxecto de hospital estratéxico para a área sur de Galicia, devolvendo ao Chuvi os servizos de referencia trasladados ao Complexo Hospitalario de Santiago a as especialidades que se manteñen en Povisa.

Recuperación de camas, recursos e especialidades, recuperación do proxecto estratéxico de tratamento e investigación oncolóxica, cirurxía programada maior ambulatoria e on ingreso aproveitando quirófanos, abrir unha unidade de coidados críticos a pleno rendemento ou consolidar a unidade de coidados paliativos co obxectivo de manter 422 camas activas son algúns dos proxectos que piden recuperar e levar adiante.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.