Deportes Vigo al minuto

Os taekwondistas júnior galegos acadan 18 medallas en Basauri

taekwondo

A selección galega júnior de taekwondo acadou un total de 18 medallas no IX Open de Basauri, que se  celebrou este sábado na localidade vasca coa participación de deportistas de Galicia, Madrid, Catalunya, Navarra, Aragón e Vizcaya, entre outras seleccións.

Os deportistas galegos volveron a casa con 8 ouros, 5 pratas e 5 bronces.

Os ouros foron para Arlet Ortiz, Uxía Ogea, Aida Mondragón, Alberto Verea, Nicolás Argibay, Unai Silva, Adrián Pombo e Júnior Martinez. Mentres, as cinco pratas foron acadadas por Elena Pérez, Jéssica Blanco, Alba Vidal, Tania Castiñeira e Abraham Ramírez. Os bronces foron para Lucía Santomé, María González, Antón Romero, Alberto Bautista e Artai Pazos.

Galicia acudiu a este evento cun equipo de 30 deportistas, a pesares dalgunha baixa de última hora. O obxectivo fundamental era preparar á selección galega para o Campionato de España, que se celebrará a finais de setembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.