Comarcas

Encontro con Beatriz Otero como fin de curso dos Clubs de Lectura das Bibliotecas de Redondela

redondela encontro 01

A Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela celebrou o fin de curso dos dous clubs de lectura das bibliotecas da localidade cun interesante encontro con Beatriz Otero Abadín, directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Durante dúas horas, Otero compartiu con todos os asistentes os seus coñecementos e experiencia sobre a medicina legal e a práctica forense e sobre destos aspectos na ficción literaria e cinematográfica.

A directora do Imelga contestou de forma clara e enriquecedora todas as preguntas que xurdiron durante o encontro nunha charla tan interesante que se prolongou máis do previsto debido á demanda dos participantes.

Os clubs de lectura están formados por un grupo de persoas que se reúnen unha vez ao mes para debater e comentar un mesmo libro. Así mesmo as bibliotecas de Redondela contan cun club de lectura infantil que se encontra unha vez ao mes na Axencia de Lectura Municipal de Chapela

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.