Deportes

O Seis do Nadal reúne esta fin de semán ás mellores promesas do baloncesto de Vigo

 

Juan Albaladejo, uno de los mejores jugadores de la ciudad, tirando a canasta
Juan Albaladejo, uno de los mejores jugadores de la ciudad, tirando a canasta

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará nesta tempada 2009/2010 o X Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 2 de maio do 2010.

 

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décima edición, reunirá na fin de semana do 1 e 2 de maio ás meiores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e ao redor de 40 técnicos.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros os Baixos do Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de 4 pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o sábado 1 de maio, e outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 2 de maio.

Dibujo 3Entre os equipos que participarán nesta nova edición do torneo repiten experiencia o Porriño Baloncesto Base, C.B. Baiona, Colexio Salesianos, Gafanha Basquetebol, Marín Peixegalego, Básquet Coruña, FC Porto, C.B. Arxil, Carmelitas de Ourense, R.C. Celta, Instituto Rosalía de Santiago ou o anfítrión o C.B. Seis do Nadal – Coia, aos que se lle suman outros conxuntos de nova incorporación neste ano 2010 como son o Estudiantes de Lugo, C.B. Ferrol e Pío XII de Santiago.

V Torneo Benxamín Cidade de Vigo

Como preámbulo a esta 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres 30 de abril do 2010 (17 h.) no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes se celebrará o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010. Serán os máis pequenos os que den o pistoletazo de saída a unha fin de semana repleta de minibásquet e moitas experiencias.

O 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet conta co apoio de Caixanova, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal de Deportes, a Fundación VIDE, a Federación Galega de Baloncesto e a Delegación Viguesa de Baloncesto. Ademais tamén conta coa colaboración de Aguas de Mondariz, Alcampo e Coca-Cola.

Dibujo 2

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.