Cultura Vigo al minuto

55 curtas e 22 películas no Festival Primavera de Cine máis completo e ambicioso

O Festival Primavera do Cine chega á súa quinta edición como o «máis importante do cine galego» e apostando por unha vertente internacional incorporando o mundo lusófono. Dende o 19 ata o 29 de maio, catro salas (auditorio municipal, Instituto Camoes, Marco e Sala Ingrávida de O Porriño) actuarán de pantalla para a proxección de 55 curtas e 22 longametraxes, pero tamén de escenario que dará acubillo a charlas, restrospectivas do cine galego, proxeccións para os máis pequenos e unha clase maxistral de Mario Iglesias.

Nesta edición o festival pretende achegar a cinematografía galega e lusófona en diferentes formatos e linguas á xente, non afeita a ver estas propostas que non son exhibidas en salas comerciais. E nesta ocasión duplícase a oferta da edición anterior e ofrece un completo programa de cinema na sección oficial entre o que os espectadores deberán elexir ás películas gañadoras.

Con esta nova edición, o festival convértese no máis importante do cinema galego na comunidade, xa que dobra nivel de volume, días e sedes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.