Comarcas

A Deputación pon en marcha axudas para os sectores pesqueiro e agrario

carmela silvaA Deputación de Pontevedra impulsará dúas novas liñas de axudas dotadas con 200.000 euros cada unha para as asociacións e confrarías de pescadores e para as cooperativas agrarias, axudas que contan cunhas bases claras e transparentes consensuadas co estos dous sectores.

Estas axudas poderán ser destinadas á comercialización e valorización das producións agrarias e pesqueiras; á formación técnica e asesoramento para o desenvolvemento de actividades como a investigación e innovación tecnolóxica; á posta en uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético; ás actuacións para mellorar a calidade dos produtos; aos investimentos para mellorar os servizos prestados polas cooperativas, asociacións, confrarías…; aos investimentos para construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios; e a adquisición de equipos e sistemas informáticos, mobiliario e calquera outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados polos beneficiarios aos seus socios.

Na provincia de Pontevedra, o sector agro-gandeiro representa un valor económico de máis de 500 millóns de euros dando emprego a máis de 9.000 persoas. Pola súa banda, en canto ao sector pesqueiro-marisqueiro, a provincia de Pontevedra ten o 45% da frota galega, con máis de 2.000 barcos, e supón o 34,4% do valor da venda de pesca fresca de toda Galicia. O sector ten un valor económico na provincia en primeira venda de máis de 157 millóns de euros e da emprego a máis de 13.000 persoas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.