Comarcas Cultura

Sensibilizando sobre a situación dos refuxiados en Europa

cartel

Segundo a Organización Internacional para Migracións, no 2015 chegaron a Europa 1,2 millóns de refuxiados e cerca de 3.000 persoas morreron no Mediterráneo durante o éxodo. Unha situación humanitaria crítica á que hai que prestarlle atención. Por iso, a Deputación de Pontevedra organiza o vindeiro 29 de abril a xornada ‘Na procura de refuxio’, unha xornada posta en marcha coa intención de sensibilizar a cidadanía sobre a dramática situación que están a vivir miles de persoas refuxiadas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e desprazarse a Europa, fuxindo de diferentes conflitos bélicos, principalmente de Siria.

A xornada comezará ás 09.00 horas no Pazo da Deputación de Pontevedra. Para facilitar a comprensión do que está a acontecer e «non mirar para outro lado», nesta xornada profesionais e institucións que visitaron a zona explicarán en primeira persoa as súas experiencias a través de charlas e debates organizados en tres bloques temáticos: o traballo das ONGs no terreo, o voluntariado e os medios de comunicación.

A sesión pecharase coa inauguración da exposición ‘Exodus: o drama dos refuxiados en Europa’, que ata o vindeiro 31 de maio amosará a través de fotografías as vivencias persoais na denominada ruta dos refuxiados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.