Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@MareaVigo pide manter a atención sanitaria nos dous anexos do Xeral

hospital-xeral2O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que se debe manter a atención sanitaria nos Anexos I e II do Xeral para «situar neles os servizos necesarios que vimos reclamando xunto coa Asociación Pola Defensa da Sanidade Pública».

Os mesmos serían: un potente Servizo de Urxencias Extrahospitalario vinculado a un Centro de Alta Resolución; manter o Bloque Cirúrxico xa existente no Anexo II para Cirurxía Minimamente Invasiva; manter o Bloque de Consultas Externas e os Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais para mellorar a accesibilidade dos pacientes e reducir as listas de espera; abrir un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; manter o Servizo de Rehabilitación; trasladar o Centro de Orientación Familiar; e crear unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia.

Marea de Vigo subliña que , mesmo a eventual proposta de converter o o Anexo II nun aparcadoiro, polo que seria preciso demoler todo o que está agora construído e en perfectas condicións de uso, «sería algo intolerable tendo en conta a falta de equipamento sanitario na nosa cidade» e, polo tanto «non terán o noso apoio se non se manteñen as características sanitarias nos dous anexos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.