Cultura Vigo al minuto

Chega a #Reconquista

ReconquistaOs actos centrais da Reconquista 2016 terán lugar na fin de semana do 2 e 3 de abril. Para o sábado, 2, e o domingo, 3, a organización programa o habitual mercado, unha foliada infantil na Praza da Pedra, espazo infantil no Berbés, demostracións de artesanía con vinte oficios tradicionais, música e baile polas rúas da zona vella e, por suposto, a representación da saída das tropas e as escaramuzas coa veciñanza, e a representación da Reconquista da Vila de Vigo.

Durante os dous días haberá actividades musicais na sede da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e no «Espacio Mahou», en Eduardo Chao, xunto a 15 grupos de música tradicional actuando polas rúas e prazas do casco histórico vigués.

Previamente, o xoves 17 de marzo está prevista a inauguración da mostra «Retallos da nosa Historia», para o mércores 30 deste mes farase o ensaio xeral e ao día seguinte, o xoves 31, a «Reconquistiña», con máis de 300 nenos e nenas participando nunha ruada polo Casco Vello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.