Deportes Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba a reforma de xestión das piscinas municipais

PiscinaCos votos favorables dos 17 concelleiros socialistas e o rexeitamento dos 3 de Marea de Vigo e os 7 do Partido Popular, o Pleno do Concello deu luz verde este luns á determinación da forma de xestión do servizo público das instalacións deportivas municipais mediante a modalidade de concesión de servizos públicos con execución de obra.

O concelleiro de Deportes explicou que a finais de agosto remata a concesión do servizo prestado ao longo dos últimos 25 anos por diferentes empresas cun investimento directo do Concello de 2,5 millóns de euros. Na actualidade, a rede municipal de auga conta coas piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e o ximnasio do Berbés, facéndose necesaria, segundo apuntou, a reforma das instalacións que, nalgúns casos, contan con máis de 20 anos de uso.

Na reformulación do modelo de xestión acabada de aprobar, explicou Manel Fernández, que se debe considerar a evolución nas demandas de disciplinas deportivas, o descenso dos usos das piscinas e a aparición de novas ofertas na cidade así como a incorporación do Instituto Municipal dos Deportes á xestión do Concello. O cambio é necesario, na súa opinión, para «atender ás novas necesidades coa modernización das instalacións cun criterio sostible».

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, advertiu que este cambio vai ter efectos nos prezos públicos que «os usuarios acabarán pagando» xa que entende que a concesionaria amortizará o custo das obras sobre as tarifas e preguntou pola situación do persoal do Instituto Municipal de Deportes.

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular cuestionou o futuro dos traballadores do Instituto Municipal de Deportes (IMD) e criticou as concesións do goberno municipal, sinalando que hai días xa advertirá de que se trataba dunha privatización das mesmas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.