Comarcas

A actriz Araceli Saavedra dará a saída ao #EntroidodPorriño

Araceli1A alcaldesa, Eva García de la Torre, invita a todas as porriñesas e porriñeses a participar no ‘Entroido’ do Porriño, unha das festas máis concorridas da vila na que este ano participan 1.300 persoas nas 19 comparsas inscritas, 14 de adultos e 5 infatís.

O programa empeza o Sábado, día 6, ao mediodía, na Praza de Antonio Palacios coa ‘Animación na Rúa’; ás 12:30, a actriz Araceli Saavedra lerá o ‘Pregón’ que, fará mención ao “carácter familiar do Entroido”, unha festa “feita por e para os veciños, na que o que conta son a imaxinación, as gañas de divertirse e a catarse de romper co día cotiá”.

Ás 14:00 h. chegará o ‘Xantar do Entroido Charanga’, antes do ‘73º Xogo da Ola’, na rúa do mesmo nome; ás 16:30, na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’ que dará paso, ás 18:00 h. ao ‘Gran Desfile de Comparsas’, xunto coa Rondalla Santa Eulalia de Atios, que sairá de Antonio Palacios, pasando por Domingo Bueno, a Praza de San Sebastián, rematando diante do Concello, no que comezará a ‘Gran Festa de Comparsas e Coplas Infantís’. No caso de que chova, as comparsas sairán da Praza de San Sebastián ás 18:30 h. Ás 22:30 chegará a hora da ‘Verbena’, coa Orquesta Nevada.

O domingo, día 7, ás 17:00 h, no Círculo Recreativo e Cultural, ‘Festa Infantil’. O luns, día 8, ás 12 na Praza de Antonio Palacios ‘Animación na Rúa’ que seguirá ás 17 h. no Centro Sociocomunitario e na Praza de Antonio Palacios.

O martes, día 9, ás 12:00 e as 17:00 h., na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’. Ás 18:30, dende a Praza de San Sebastián, ‘Gran Desfile de Comparsas’ que abrirá, na Praza de Antonio Palacios as ‘Coplas de Adultos’. Ás 22:00.- ‘Verbena’ co Grupo Marango.

O mércores, día 10, ‘Mércores de Cinza’, ás 12 e 17:00 h. ‘Animación na rúa’, na Praza Antonio Palacios; ás 17:00 h. no Centro Recreativo Cultural, ‘Velorio da Sardiña’; ás 19:00 h. ‘Enterro da Sardiña’, que sairá do Centro Recreativo Cultural, seguirá por Domingo Bueno, San Sebastián para chegar á Praza de Antonio Palacios, onde empezará a ‘Copla da Sardiña’, antes da lectura do ‘Testamento’ e, na Ponte do Valo, ‘Lectura das derradeiras vontades’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.