Galicia

O presidente Feijóo anuncia que @Xunta convoca 448 novas prazas para Servicios Sociais, Prevención de Incendios e Saúde Laboral

O presidente do Goberno de Galicia
O presidente do Goberno de Galicia

O presidente do Goberno galego adiantou este xoves, logo do Consello do mesmo, que remitiu á Mesa de Negociación unha oferta de emprego público para 448 novas prazas en Servicios Sociais, Prevención de Incendios e especialistas en Seguridade e Saúde Laboral.

O presidente Feijóo sinalou que 146 prazas son para Servizos Sociais e 123 para Prevención e Extinción de Incendios, concretamente, para conductor de camións motobombas, vixiantes, peóns e enxeñeiros. O xefe do Executivo engadiu que «por primeira vez en Galicia» haberá 22 prazas para especialistas en Seguridade e Saúde Laboral, ás que se engadirán 116 para promoción interna de infomáticos e os corpos superior, de xestión e auxiliar.

A convocatoria destas 448 prazas, dixo o presidente, sumaranse ás 818 na sanidade e 1.112 en Educación, «son, en conxunto, 2.400 prazas de emprego público que, en total, suman as ofertas dos anos 2010 a 2014».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.