Galicia

Sanidade agarda que o ‘pico’ da gripe chegue nas vindeiras semanas

Home esbirrando
Home esbirrando

O conselleiro de Sanidade informou este venres que agarda que a maior incidencia da gripe en Galicia chege nunhas semanas e salientou que, a esta altura do ano, hai menos casos da enfermidade que nas mesmas datas de 2015.

Jesus Vázquez Almuiña, médico de profesión, sinalou que este 2016 o ‘pico’ da gripe vai máis retrasado, en parte grazas á meteoroloxía, ainda que advertiu que nas vindeiras semanas está previsto que aumente o número de doentes.

«Agora mesmo hai poucos ingresos nos hospitais galegos por mor da gripe», engadiu, e asegurou que os centros sanitarios están preparados para facerlle fronte ao aumento da incidencia desta doenza.

Segundo os seus datos, Vázquez Almuiña agarda que o número de casos de gripe sexa moi semellante ao de 2015 e sinalou que a variedade deste inverno non é paparticularmente agresiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.