Galicia

#OposiónsXunta: 13.499 aspirantes para 89 prazas

oposicionesA Dirección Xeral da Función Pública admitiu 13.499 aspirantes para participar nas oposicións a 89 novas prazas de acceso libre á Administración Xeral da Xunta. Entre elas, ofértanse prazas nas escalas superior e técnica de finanzas, que permitirán reforzar eidos prioritarios como o control das finanzas públicas e a loita contra a fraude fiscal.

As listas provisionais de persoas admitidas nestes procesos selectivos publicaranse esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, esta relación de admitidos e excluídos poderase consultar no portal web corporativo da Xunta ; no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta.

Nestas convocatorias ofértanse 89 prazas de acceso libre, ás cales pode opositar calquera persoa que queira traballar na Administración galega e conte coa titulación correspondente. Estas prazas cubriranse polo sistema de oposición libre. Ademais hai un total de 7 prazas reservadas para persoas con discapacidade.

Das 13.499 persoas admitidas nestes procesos selectivos, 7.444 (392 pola quenda de discapacidade) aspiran a acceder ao corpo auxiliar (subgrupo C2) e 4.070 (212 para a quenda de discapacidade) ao corpo administrativo (subgrupo C1). Pola súa parte, no corpo de xestión (subgrupo A2) contabilízanse 1.149 admitidos, 65 deles pola quenda de discapacidade; mentres que no corpo superior (subgrupo A1) son 836 dos cales, 47 son para a rolda de discapacidade.

15 prazas serán para o corpo superior (A1) e 10 prazas para o corpo de xestión (A2), que permitirán reforzar eidos prioritarios da Administración como a inspección e a loita contra a fraude. Ademais, a Xunta convocou 20 prazas para persoal administrativo (C1) e 44 prazas para auxiliares (C2).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.