Vigo al minuto

Publicado no Diario Oficial de Galicia o inicio das expropiacións para o segundo treito do Corredor do Morrazo

CorredorO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se inicia o proceso expropiatorio para a execución do segundo treito da autovía do Morrazo. A resolución sinala a data para o levantamento das actas correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo, no tramo II.

A convocatoria, na que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, iniciarase o 19 de xaneiro na Casa do Concello de Moaña, dende as 10 ata as 13.30 horas, e continuará o día seguinte, 20 de xaneiro, no mesmo lugar e horario. Os titulares afectados deben acudir persoalmente ao acto ou delegar nunha persoa autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución.

O Goberno galego publicaba recentemente no DOG a licitación das obras de conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira, por un valor de preto de 18 millóns de euros.

Trátase dun treito cunha lonxitude total de algo máis de 4 quilómetros. As obras proxectadas consisten na duplicación da calzada actual dende o PK 3+250 ata o 7+300, polas marxes esquerda e dereita, así como na remodelación dos enlaces de Domaio e Meira. Tamén se prevé o deseño dunha nova área de servizo en Meira, a duplicación do viaduto da Mó e a ampliación de dous pasos inferiores e un superior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.