Galicia

Nova normativa para facer as casas máis habitables

As Normas do Hábitad feitas polo goberno anterior xa marcaban importantes melloras para os galegos: tiñan que ter un mínimo de 40 metros cadrados, ser case toda exterior, estar ben aillada acústica e termicamente, optar por enerxías renovables e, sobre todo, ter as medidas esixidas para ser accesibles. Agora, o novo goberno da Xunta vén de modificar esta normativa para «resolver os conflictos que xeraba o anterior planteamento» e feita co consenso e apoio de promotores e constructores.

As principais diferencias será a posibilidade de construir lofts, a redución das dimensión mínimas do lavadeiro-tendal, a redución de 7 centímetros na altura das portas (queda en 2,03 centímetros) e 10 no dormitorio principal ou en calquera habitación dobre. Agora os armarios serán dun metro cadrado fronte aos 60 centímetros da normativa do bipartito e os desváns ademais de ser obrigatorios deberán ter un mínimo de catro metros.

Entre outras medidas, ademáis a nova normativa suprime as esixencias reguladas por plantexamento urbanístico, como a de composición arquitectónica ou orientación de vivenda, e evitará os longos trámites burocráticos no tema das rehabilitacións das vivendas.

A normativa

A normativa do Bipartito, que sustituía ao decreto de 1992, permitía estancias cunha superficie mínima de 6 metros cadrados se son sinxelas e de 10 se son dobres. Nos pasillos o ancho de 85 centímetros habitual ata o momento tería que ser sustituido por un no que cabera unha cadeira de rodas e debería ter espacio para acceder e xirar en ó menos un cuarto de baño da vivenda.

E, un dos aspectos máis importantes: hai que aproveitar a luz natural. Para iso só unha habitación poderá dar ao patio interior e nunca poderá ser a principal. O resto das habitacións deberán ser exteriores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.