Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O camión de resonancias deixa o Cunqueiro tras a posta en funcionamento dunha nova Resonancia Magnética Dixital

RESONANCIA 3 TESLAS ALV-CUNQUEIRO (1)Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), este luns empezou a funcionar no Hospital Álvaro Cunqueiro a nova Resonancia Magnética Dixital de alto campo, logo de completar os procesos técnicos de calibración. Esto supón que o camión aparcado no exterior do hospital, no que os pasados tres meses e ata o de agora estábanse facendo as resonancias, xa non está no mesmo.

Este novo equipamento, emprazado na Área de Diagnóstico por Imaxe, no bloque técnico do centro, é de nova fabricación e procede de Holanda. Segundo sinala o Sergas, trátase dunha Resonancia Magnética Dixital de 3 teslas de forza magnética, das máis avanzadas que existen na actualidade no mundo, na que se investiron máis de 2 millóns de euros, e que permitirá realizar os estudos máis innovadores neste eido, “de feito, en España só existen tres equipamentos destas características”.

Nos próximos días, salienta o Servizo Galego de Saúde, tamén quedará operativo outro equipo de Resonancia de alta resolución, procedente do Hospital Xeral, que seguirá realizando no novo hospital a actividade que xa desenvolvía no antigo emprazamento.

Entre as características técnicas da nova Resonancia Magnética “cabe subliñar, como un dos maiores avances, que a súa sinal é dixital, situada na propia antena receptora xunto ao paciente. Ademais, toda a información transmítese por fibra óptica ata o ordenador principal, o que impide a degradación do sinal”.

Os equipos de RM de 3T, indica Sanidade, teñen unha maior resolución, e permiten obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e coa máxima confianza diagnóstica, conseguindo así un diagnóstico aínda máis preciso e eficiente.

Isto significa unha achega inestimable para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos. Neste senso, cómpre salientar que un diagnóstico máis preciso posibilita un tratamento máis axeitado e individualizado, o que conleva maiores beneficios para o paciente.

Outra das vantaxes do novo equipamento é a maior resolución nas técnicas de RM funcional avanzadas, que permiten o estudo das características metabólicas ou celulares dos tecidos “in vivo”, conseguíndose diagnóstico moi precoces dalgunhas patoloxías.

O desenvolvemento actual da tecnoloxía tamén permite que a curva de aprendizaxe destes equipos para técnicos e radiólogos sexa mínima, xa que o seu manexo é doado e non presenta excesivas diferencias cos actuais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.