Vigo al minuto

O alcalde adianta, nunha visita ao da Praza da Independencia, que haberá un macroparque infantil en Venezuela

O alcalde, co conselleiro de PArques e Xardíns, Ángel Rivas, este mércores, no novo parque infaltil da Praza da Independencia/Tresyuno Comunicación
O alcalde, co conselleiro de PArques e Xardíns, Ángel Rivas, este mércores, no novo parque infaltil da Praza da Independencia/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou este mércores o reformado parque infaltil da Praza da Independencia-que estará aberto dende este xoves- e que, logo dun investimento de 40.000 €, inclúe novos xogos e está acondicionado para a súa ampliación coa colocación dunha ‘tirolina’ de lado a lado da praza.

Segundo dixo Abel Caballero, o goberno local seguirá coa construcción de parques infantís e indicou que a este súmanse os de Pizarro e Teixugueiras, en Navia, xa rematados, e “macroparque que se fará na rúa Venezuela”.

Segundo o alcalde, par a súa se eliminará un carril de aparcamento e se ocupará unha parte da actual beirarrúa para duplicar o espazo dispoñible para pequenos e maiores. O rexedor referiuse tamén á reforma do parque infantil da Praza Elíptica que na actualidade está situado nunha zona pouco visible e que coa remodelación se achegará á praza onde se vai habilitar unha zona de fútbol pequena con dúas porterías para a práctica de deporte.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.