Deportes

O Infantil Feminino «A», Seis do Nadal – Coia, á Primeira División Infantil Feminina

gIMG-20151003-WA0005O conxunto Infantil Feminino «A», Seis do Nadal – Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, conseguiu a pasada fin de semana a clasificación para disputar a Liga Primeira División Infantil Feminina durante a presente tempada 2015/2016.

O combinado do Seis do Nadal disputou a primeira fase da Fase Previa de Clasificación a Primeira División no Grupo «C» xunto aos equipos Pastelerías Yoli CLB (Vilagarcía de Arousa) e Costa Ártabra Concello de Neda (Ferrol), conseguindo un balance de dúas vitorias nos dous partidos que disputaron e a primeira posición do grupo.

Esta primeira posición clasificaba ao Infantil Feminino «A» do club para disputar as semifinais da Fase Previa fronte a Centro Veterinario Eume (Pontedeume), primeiro clasificado do Grupo «B». O partido se disputou en Ourense, na pista do Colexio Salesianos, e rematou con vitoria para o Seis do Nadal – Coia (32-49), vitoria que aseguraba a clasificación para disputar a Liga 1ª División Infantil Feminina na presente tempada.

Xunto ao Seis do Nadal – Coia conseguiron o ascenso á Liga 1ª División Infantil Feminina o Bosco Salesianos (Ourense) e Peleteiro «A» (Santiago de Compostela), que completarán así os doce equipos da competición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.