Vigo al minuto

Marea de Vigo propón que non se suban as taxas e impostos municipais o ano que ven

Os tres concelleiros da Marea de Vigo
Os tres concelleiros da Marea de Vigo

Marea de Vigo presentou este venres no Rexistro do Pleno a súa proposta de modificacións das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2016 que, para o seu voceiro municipal «teñen que combinar dous requisitos: a esixencia de aumentar a atención as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica e a necesidade de que o concello conte cos recursos económicos suficientes para atender os servizos que presta á veciñanza»

Rubén Pérez subliñou que Marea de Vigo é consciente do marxe limitado dos concellos para decidir políticas fiscais pero existen analogamente marxes para decidir que fiscalidade se quere aplicar, dende a definición do tipo impositivo da ‘contribución’, as bonificacións, tributos e taxas propias e mesmo a través do gasto no orzamento.

O grupo municipal de A Marea, «non entende a aplicación xeneralizada da suba do IPC nun 1,1% (calculado pola media do mesmo entre abril de 2012 e abril de 2015) nun contexto no que o IPC anunciado para abril de 2015 é do 0,2%» e que «estamos ante unha suba moi por debaixo dos incrementos mediais salariais por negociación colectiva que apenas chegan ao 0,74%. E non entendemos esta suba agora, no primeiro exercicio despois do proceso electoral de maio, logo de anos de conxelación, curiosamente nos exercicios previos ás eleccións municipais. A situación económica na nosa cidade non é mellor que en 2013 ou 2014 para argumentar agora esa suba nin antes a conxelación por intereses exclusivamente electorais».

Marea de Vigo propón non aplicar a suba do IPC proposto do 1,1% no 2016 e aplicar progresivamente incrementos a partir 2017 en base a un criterio exclusivamente de renda, e nunca por enriba do IPC que se publique nese ano e sucesivos, quedando en todos os exercicios exentas da suba as rendas inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.