Destacados

Ferido o piloto dunha avioneta que traballaba na extinción dun lume en Castro Caldelas

AvionetaO piloto dunha avioneta do dispositivo de loita contra incendios forestais da Xunta resultou ferido esta tarde tras sufrir un accidente, por causas que aínda se descoñecen, mentres traballaba na extinción dun incendio rexistrado no concello ourensán de Castro Caldelas.

Segundo informa Medio Rural, o aviador atópase consciente e está a ser atendido no lugar do accidente antes de ser trasladado a un centro hospitalario nun helicóptero medicalizado, para ser sometido a exploración. O aparello sinistrado é un modelo Dromader, que opera desde a base lucense de Doade.

O lume no que traballaba o aparello sinistrado iniciouse ás 2 e media da tarde e permanece activo. No seu control participan 1 técnico, 3 axentes forestais, 11 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.