Galicia

Integrantes das brigadas contraincendios de toda Galicia mobilizaranse este venres en Compostela

Lume1Segundo anunciaron este xoves en rolda de prensa, integrantes das brigadas contraincendios de toda Galicia mobilizaranse este venres, día 28, en Compostela-saindo ás 10 da mañá do Monte do Gozo para chegar ao Obradoiro ás 11 e media-coa finalidade de esixir a apertura de negociacións co Goberno de Galicia diante do que calificaron de “desmeantelamento do servicio de loita contra o lume”.

Como salientaron, levan “anos” denunciando as “pésimas” condicións nas que teñen que traballar, En condicións laboráis “que empeoran ano a ano” e tendo que empregar medios “escasos e anticuados”, con camións motobombas que superan os 15 anos de antigüidade, que non son últiles e que, ademáis, poñen en perigo a súa integridade.

Os representantes dos brigadistas lembraron que, ainda que en Galicia se producen máis da metade dos incendios forestais de todo o Estado, e que este ano xa ardeu moita máis superficie que en 2014, a actuación do Goberno galego é “lamentable, da a espalda ao persoal que combate os incendios e recorta inversión en medios para loitar contra o lume”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.