Galicia

Os gandeiros advirten de que non asinarán un acordo no que se pague o litro de leite por baixo dos 34 céntimos de euro

TractoresNon haberá acordo algún se o litro de leite se paga a menos de 34 céntimos de euro. Así de claro o deixaron os gandeiros da Organización de Productores de Leite que, nunha nota de prensa advirten de que rexeitan calquer acordo no sector que fixe un prezo inferior a ese.

Os gandeiros desbotan asinar calquera acordo, en relación coa xuntanza de este martes en Madrid entre algúns sindicatos e representantes dos gobernos galego e estatal.

No caso de que se asinase un compromiso no que o litro de leite estivese por baixo dos 34 céntimos, os gandeiros seguirán coas mobilizacións, sacando os tractores á rúa, como xa fixeron en Santa Comba, Chantada e Lalín.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.