Vigo al minuto

‘Nós tamén somos Grecia’ convoca unha concentración, hoxe, no MARCO, en solidaridade co pobo grego

GreciaO comité cidadán ‘Nós tamén somos Grecia’ «chama o pobo de Vigo a mostrar a súa solidariedade co pobo grego», este venres, ás 8 da tarde no MARCO.

Nas eleccións de xaneiro de 2015 «o pobo grego votou un programa contra a austeridade e pola reestruturación da débeda». O goberno de Siryza negociou coa Comisión Europea unha solución que permitise derrotar a austeridade e recuperar o crecemento económico e os dereitos das traballadoras á negociación colectiva, das pensionistas a unha vida digna e do pobo grego no seu conxunto á dignidade e a democracia «fronte aos poderes financeiros e a Troika».

Mais, segundo denuncia ‘Nós tamén somo Grecia’, a «maioría neoliberal existente na Unión Europea fixo imposíbel un acordo aceptábel». Diante desta «chantaxe» o goberno grego decidiu que sexa o pobo o que decida se acepta ou rexeita a última oferta recibida. O goberno de Siryza chama a votar ‘Non’.

«O combate pola democracia do pobo grego é o máis importante, en Europa, nas últimas décadas. O que está en xogo é se nas sociedades europeas mandan os pobos ou o capital financeiro e as organizacións da gran patronal».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.