Galicia

Apagado o incendio de Teo mentres Galicia está en risco extremo e Ourense e Lugo en alerta amarela por altas temperaturas

Incendio TeoO incendio que se declarara este luns, sobre as 5 da tarde, na parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, quedou extinguido pasadas as 3 da mañá deste martes, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural. Dacordo coas súas estimacións, o lume arrasou unha superficie superior ás 55 hectáreas.

O vento fixo que fose necesario que o Goberno de Galicia decratase o ‘nivel dous’ de importancia, dado que as chamas achegáronse a varias casas, o que fixo temer pola integridade dos veciños.

Dacordo coa previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o risco de incendios en Galicia é ‘extremo’ este martes, feito motivado polas altas temperaturas, especialmente no interior, que no caso de Ourense e Lugo fixo que se decretase a alerta amarela por temperaturas altas, en especial en Valdeorras e no sur da provincia lucense nos que se agarda que o termómetro chegue aos 40 graos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.