Axentes Forestais denuncian que o dispositivo contra o lume está diminuído e se definiu con criterios políticos

IncendioFOTO: FELIPE CARNOTTO/A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga) lamenta que a política do Gobierno de Galicia contra os incendios forestais se basee un ano máis na “improvisación, sen ter un dispositivo ben dimensionado, organizado e capaz de atender todas as incidencias que se están presentando xa”.

Aprafoga afirma que o Goberno Feijóo “segue sen facer os deberes mentres os incendios devastan xa os montes galegos e continúan as previsións de altas temperaturas e ventos desecantes”. Este colectivo de profesionais explica que o dispositivo contra os incendios está “diminuído, sen que se cubran as xubilacións, as baixas e as vacantes”. Engaden que isto sucede “un ano tras outro” e como exemplo expoñen que a Xunta propón amortizar 5 postos de axentes forestais e medioambientais na provincia de Ourense.

Os axentes forestais advirten de que a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural non utiliza criterios técnicos para establecer a quenda de gardas dos profesionais responsables do servizo de extinción. Tal como poñen de manifesto, a Consellería usa “uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das pasadas eleccións, con xornadas de temperaturas baixas e incluso algunhas precipitacións, impúxose un período de gardas innecesarias desde o punto de vista técnico”. Así as cousas, os responsables de dirixir a extinción do 99 % dos lumes de Galicia teñen xa esgotados os períodos de gardas extraordinarias fóra da época estival.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.