O director da TVG di que Feijóo sae máis porque «gobernar da un plus de presenza, como pasa con Obama, Tsipras ou Cameron»

Feijóo2Sin disimulo. O director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) xustificou, non nun bar ou falando cuns amigos, senon no Parlamento de Galicia, que o presidente do oberno galego teña máis tempo de pantalla na Televisión de Galicia porque “gobernar da un plus de presenza” e que o mesmo pasa, “goberne quen goberne» e comparou ao presidente Feijóo con “Obama, Tsipras ou Cameron”.

Na comisión parlamentaria de televisión, unha deputada socialista denunciou o “trato desproporcionado” e “a manipulación”da TVG en período preelectoral» e Alfonso Sánchez subliñou que os principios fundamentais do ente que dirixe axústanse a criterios de «pluralidade e interés informativo».

Como dato «obxectivo”, tamén sen poñerse colorado, Sánchez engadiu que, dende o 1 de marzo ao 15 de abril, a presenza de Feijóo nos informativos da TVG foi de 1 hora e 24 minutos e do “conxunto dos partidos da oposición”– PSdG-PSOE, AGE e BNG- chegou a 1 hora e 13 minutos, “pódese discrepar, pero ese é o criterio obxectivo”, dixo o director xeral, antes de lembrar que Alberto Núñez Feijóo, ademáis de líder do PP é tamén presidente do Goberno de Galicia.

Ademáis diso, Alfonso Sánchez defendeu que na TVG “recolléronse os puntos de vista de todos” sobre o caos nas Urxencias nos hospitais galegos, no conflicto da hemodinámica en Lugo, o debate sobre a continuidade de Ence, para engadir, de seguido, que o medio público ten a “obriga de ter en conta a representación no Parlamento de Galicia,e o PP ten maioría absoluta”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.